Sunday 28 de April de 2024

Os alevíns das Escolas Deportivas Municipais de Brión proclámanse campións da fase final comarcal da Liga de Deporte Escolar


O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Brión de fútbol sala proclamouse esta fin de semana campión da Liga de Deporte Escolar, cuxa fase final comarcal se xogou onte domingo no pavillón de Fontenla (Santa Comba). Un triunfo que lles valerá ser os representantes da comarca compostelá na Fase Intercomarcal do torneo, que se disputará o vindeiro mes de maio.

Os xogadores que dirixe José Manuel Trigo Romero, técnico de Deportes do Concello de Brión, derrotaron na gran final á ED Os Miúdos (Muros) por 3 goles a 1. Nas semifinais, ambos equipos derrotaran aos xogadores do Negreira B e do Negreira A, respectivamente. Os xogadores do Brión recolleron o seu trofeo como campións do torneo de mans da alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez.